Ancares Cycling Marathon

A Proba

Ancares Cycling Marathon nace como un gran fondo de carácter popular que se desenvolve no corazón do Parque Natural dos Ancares (Lugo), unha área de recursos paisaxísticos e culturais de relevancia a nivel nacional, cargada de lendas, tradicións únicas e valores ambientais.

Os Ancares, lonxe do estereotipo de montaña turística, ofrecen unha contorna auténtica, natural, illada e máxica na que desenvolver este deporte a través das súas infinitas e solitarias estradas.

Conscientes deste valor, o próximo 26 de xullo nacerá o Ancares Cycling Marathon, unha proba busca atraer ata a zona a centenares de persoas, apoiar a práctica do ciclismo e converterse no gran fondo de alta montaña de referencia en Galicia, á vez que dá a oportunidade de coñecer desde a experiencia propia unha área única.

O percorrido permitirá coroar portos de entidade e gozar a paisaxe con áxiles descensos a través dos concellos do Cebreiro, As Nogais, Navia de Suarna e Becerreá, todos eles na provincia de Lugo. A saída terá lugar nas inmediacións do pobo/porto de Pedrafita do Cebreiro e a chegada será catro quilómetros máis arriba, entre as rúas empedradas do emblemático poboado do Cebreiro.

Este proxecto non podería existir sen a implicación da Área de Deportes da Deputación de Lugo, que aposta por un camiño no que deporte e turismo responsable camiñan da man. Así mesmo, nace da unión de forzas do Clube Ciclista Cidade de Lugo, organizador do coñecido Desafío Volta a Lugo, e da empresa EME Sports, que achega a súa experiencia en eventos de gran envergadura neste ámbito, como o popular Gran Fondo Ézaro, que cada ano reúne na Costa da Morte a un pelotón multitudinario e internacional.