Ancares Cycling Marathon

O Percorrido

O percorrido deseñado para o Ancares Cycling Marathon está pensado para calquera afeccionado ao ciclismo con certo nivel de adestramento previo, sen tratarse dun roteiro de iniciación, pero tampouco expondo un nivel de esixencia excesivo. Con iso, buscamos potenciar que o maior número posible de persoas accedan á proba e, máis aló de finalizala, poidan gozar da contorna e dos seus valores.

En total serán 126 quilómetros, con inicio en Pedrafita do Cebreiro. Os participantes transitarán polos concellos das Nogais e Becerreá, onde se iniciará a ascensión do Alto dos Sete Carballos, de 1.320 metros de altitude, o máis elevado do percorrido e, sen dúbida, o de máis dureza, cun desnivel que alcanza por momentos o 11%.

A continuación, os participantes enfrontaranse ao Alto da Pitinidoira (1.216 m) e, posteriormente, ao Alto de Villasol (1.176m.), situado a só 16 quilómetros do final da proba. Para concluír, un último esforzo levará de novo ao pelotón cara arriba, ao Alto do Cebreiro, desde Barxamaior (1.302m.), onde o final está previsto nas propias rúas do Cebreiro.

Os que se conformen co medio fondo, ascenderán só os dous primeiros (Sete Carballos e A Pitinidoira) para, neste último e sen apenas baixada, dirixirse ao pobo de Pedrafita e acabar no Cebreiro pola súa vertente máis dócil, apenas 3,5km ao 6%.

Acede ós rutómetros da proba

Os Portos